A Mariña lab

A Mariña está chea de recursos, retos e devires pero… ¿está a súa poboación cohesionada con eles? Esta antoloxía é un traballo da man do proxecto A Mariña Lab. É un relato visual que tenta dar conta daquelo que temos ao redor, o que nos define e nos conforma, para afrontar o futuro, o porvir, coñecérmonos e recoñecérmonos no contexto no que habitamos.