ESTUDO DA IDENTIDADE CULTURAL GALEGA
En 'Galicia Latente' recollemos relatos en primeira persoa; sentires do pobo. Este espazo nace como parte dun estudo continuo sobre a identidade cultural galega, contrastada en testemuñas directas: persoas reais, crianzas, migrantes, grupos que comparten o seu vínculo con Galicia, as súas contradicións, os seus orgullos e as súas incertezas. Cada 'pílula' é unha chave para entender como nos sentimos galegos e galegas hoxe, co obxectivo de converter ese sentimento en accións concretas que melloren o noso día a día, a nosa saúde e os nosos porvires. Porque coñecer como e quen somos é o primeiro paso para decidir que é quen queremos ser.
VOTACIÓN DE VALORES
Axúdasnos a construír un estudo sobre a identidade cultural galega? Coa túa colaboración poderás contribuír a elaborar un informe sobre a percepción contemporánea da identidade cultural galega.
Aporta a túa valoración sobre as 8 áreas culturais propostas.
GALICIA LATENTE
ELECCIÓNS DE VALORES 2026
Neste mapa poderedes ver actualizada unha escolma das iniciativas emerxentes que están a xurdir no eido da cultura galega.